Séguenos a través do Email

Últimas Novas

Manuel Pereira, Sara Silva, Alejandro Collazo e Andrés Gómez trala súa participación.

O xoves 25 de abril, catro estudantes de 2º da ESO representaron ao alumnado do Colexio Plurilingüe San Fermín na Olimpíada Matemática Galega 2019, organizada por Agapema.

Trátase dun concurso matemático organizado por esta asociación que se desenvolve, en Galicia, en tres fases, para ter logo a opción de participar na final da Olimpíada Matemática Española 2019, en Jaén, a finais de xuño.

Na Fase de centro, o Departamento de Ciencias seleccionou, de entre todo o alumnado de 2º da ESO, aos que considerou os catro mellores representantes do noso centro este ano:
  • Alejandro Collazo Gómez
  • Andrés Gómez García
  • Manuel Pereira Barros
  • Sara Silva Bugallo

Nesta ocasión, a Fase local levouse a cabo en Pontevedra, no IES da Xunqueira.
Minutos antes de entrar estaban algo nervosos pero moi animados, xa que desexaban coñecer os retos matemáticos aos que se ían a enfrontar. Incluso foron quen de facerse fotos con obras de arte expostas no centro coas que se sentiron moi identificados.

Andrés, Alejandro, Manuel e Sara, retratados.



A esta fase local presentáronse alumnas e alumnos de moitísimos centros da zona.

Á saída, moi cansados tras máis de dúas horas e coa sensación de ter realizado un bo traballo, posaron cos seus merecidos diplomas que recoñecen o seu esforzo e lles farán lembrar sempre a importancia de continuar desenvolvendo as súas capacidades na resolución de retos matemáticos.

¡¡Moita sorte compañeiros e compañeiras!! ¡¡Todo o Colexio Plurilingüe San Fermín está convosco!!

Manuel Pereira, Sara Silva, Alejandro Collazo e Andrés Gómez trala súa participación.
0


Desde el Departamento de Ciencias queremos animarte a colaborar en la realización de un proyecto común, que expondremos en la Semana de la Cultura Científica “Sabio Caldas” los días 1, 2 y 3 de abril en Caldas de Reis.

Con un proyecto en cadena queremos conmemorar el centenario de nuestro colegio simbolizando las experiencias científicas que el alumnado del San Fermín ha venido desarrollando desde la inauguración del colegio hace 100 años (simbolizada por la caída de la canica).


EL PROYECTO:    EFECTO DOMINÓ PARTIENDO DE UNA SOLA CANICA.
Partiendo inicialmente de una sola canica que se deja caer, quisiéramos elaborar una reacción en cadena sencilla en la que vayan girando elementos, moviéndose engranajes, chocando y haciendo caer más canicas, con rebotes y saltos hasta llegar al final del recorrido.
Queremos que el alumnado colabore aportando partes del recorrido, que nosotros fijaremos y uniremos al recorrido general, junto con los elaborados por el departamento, a un tablero inclinado, casi vertical, de 1,2m de ancho por 2,4 m de alto.

CÓMO PUEDES COLABORAR TÚ?
Animamos a la participación del alumnado de todos los niveles aportando alguna parte de ese recorrido.
También se agradecerá la aportación de material que pudiera permitir su elaboración (campanillas, cascabeles, ruedas, canicas, imanes, muelles, gomas, juguetes en desuso con algún mecanismo o movimiento interesante, etc)

CRITERIOS de cada parte de recorrido:
- Debe ser accionada con una canica que viene con movimiento.
      - Al final debe accionar la siguiente parte del recorrido, o bien permitir que la canica continúe su recorrido (podrían continuar varias canicas, en vez de una, dividiendo el recorrido).
- Debe ser singular, diferente, para que el conjunto resulte vistoso.
- No deberá tener un alto coste, ya que no se podrán devolver los elementos o mecanismos aportados por los alumnos, porque permanecerán fijados al tablero.
- Se deberá entregar antes del día 22 de marzo, para asegurar que podemos añadirla al recorrido. A partir de esa fecha, aunque se seguirán recogiendo y formarán parte de la exposición, no se podrá garantizar que formen parte del recorrido general.

Contacto y consultas:     César (coordinador del proyecto)           635256189 (WhatsApp)



VÍDEOS DE EJEMPLO:      
Youtube: The blue marble


  Youtube: The lucky yellow marble

Youtube: The most complicated trickshot ever


 



0


Coincidindo coa celebración dos 100 anos do colexio CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis e os 60 anos da presenza dos PP. Somascos en Caldas, estanse a desenvolver diversas actividades conmemorativas ao longo de todo o curso.
                É un privilexio para nós poder contar coa presenza do doutor Ángel Carracedo, prestixioso xenetista e investigador, quen dará unha charla mañá pola tarde aos alumnos e alumnas do colexio San Fermín de Caldas de Reis.

Non é unha sorpresa a súa personalidade próxima, quen, aínda que fai uns meses foi elixido por unanimidade presidente da Academia Internacional de Medicina Legal -o cal lle supón ter unha axenda moi apertada- é quen de dedicar parte do seu tempo aos estudantes de primaria e da ESO do noso colexio.

Pero a dimensión social do seu traballo tamén se fai evidente cando, como director da Fundación de Medicina Xenómica ten posto a sanidade pública galega como referencia mundial ao ofrecer o diagnóstico xenético de maneira rutineira a toda a poboación.
Recentemente, ven de publicar un artigo no que se mostran as características xenéticas da Península Ibérica, no que se observa que, por algunha razón, existen importantes diferenzas xenéticas entre zonas do pais próximas entre si, dado que os xenes non se mesturaron pese a non haber accidentes xeográficos polo medio.

Implicado na educación a través da plataforma EduMotivaCon, unha iniciativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia para promover a creatividade, a motivación, o esforzo e o espíritu crítico entre os estudiantes non universitarios, volverá a demostrar que a motivación tense que facer dende a base, e que todos debemos implicarnos en desenvolvela co noso alumnado.



Por todo iso, dámoslle as grazas de antemán pola súa visita e o seu exemplo, e por sementar a curiosidade científica e a súa paixón no noso alumnado.

Departamento de Ciencias do CPR Plurilingüe San Fermín.

0


O concello de Caldas organiza a II Semana da Cultura Científica "Sabio Caldas". Entre as diversas actividades que se organizan, hai unha realizada polo alumnado dos centros de Caldas de Reis, "Ciencia na Rúa".

Os alumnos do CPR Plurilingüe San Fermín, xunto con alumnos de outros colexios, estarán as mañás do martes, mércores e xoves  realizando experiencias e dando explicacións sobre elas no Paseo Román López (fronte o auditorio).

Estes encontros científicos, dedicados especialmente aos alumnos dos centros do concello, son para desfrutar de experiencias dun xeito lúdico e divertido.

Lembra: A ciencia está na rúa todos os días pero a próxima semana ¡moito mais!








0



De seguro que alentados polo lema deste curso: “ATRÉVETE”, os alumnos do CPR Plurilingüe San Fermín teñen dado un gran paso adiante: fundaron o Club de Ciencias San Fermín.




Así que este ano, moitos dos actos da Semana da Ciencia están organizados por eles e nós, o Departamento de Ciencias colaboraremos e aprenderemos desta canteira de científicos e científicas.
 


Os grandes movementos comezan cando unha persoa ou un pequeno grupo delas decide tomar a rendas e iniciar un cambio.
Pois ben: o primeiro paso está dado por un grupo de novos investigadores do CPR San Fermín ¿ata onde chegará este cambio?


A actividade central da semana será o Rebumbio de experimentos, enteiramente organizado polo Club de Ciencias. Eles nos proporán, nun tempo récord, multitude de sinxelos experimentos que nos permitirán achegarnos a conceptos científicos do día a día.
  


Os alumnos de 4º da ESO visitarán a fábrica de FORESA en Caldas, para que coñezan o seu funcionamento, centrándonos no seu departamento de investigación, desenvolvemento e innovación.

Na liña do recoñecemento que obtivo o centro a nivel estatal -o Selo de Vida Saudable-, os rapaces e rapazas de 1º da ESO iniciarán nesta semana o proxecto Master Chef, que xuntará as matemáticas e a alimentación saudable.



Analizaremos tamén cos alumnos da opción académica e científica de 4º da ESO, por un lado o ADN e, por outro, os tipos de movementos físicos do día a día: tirar cara arriba ou cara abaixo, deixar caer ou lanzar cara adiante.


Pois ata o próximo curso, ata entón continuaremos atrevéndonos a investigar.





 



0


Este ano o día das letras galegas está dedicado a Carlos Casares.

Dende o Departamento de Ciencias do CPR Plurilingüe San Fermín queremos centrarnos na súa vertente máis científica.


Casares aproveitou a súa etapa como presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002) para crear, no ano 2000 a sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade. Así se comezaba a recoñecer, dentro do Consello, que a Ciencia e a Tecnoloxía ían deixando unhas pegadas nos valores e nas formas de interpretar a realidade galega que eran merecentes dun estudo específico.


Lector asiduo de obras relacionadas coas novidades científicas, nos anos oitenta interesouse pola nova física que nacía da ruptura cuántica e relativista. Carlos percibía, entón, o mundo científico como asombroso, “fantasmagórico” e radicalmente atractivo e desconcertante.


No ano 1991, no Liceo Recreo de Ourense no seu coñecido Diálogo entre literatura e ciencia describiu de forma apaixonada a nova física cuántica.


Aínda que non quedan moitas máis referencias escritas ou conferencias de Casares que se lembren relacionadas directamente coa ciencia, dende o noso departamento quixemos facer unha homenaxe merecida a quen fixo moitas pola ciencia e as letras galegas.


Ogallá veñan algúns máis coma el.




Referencias: 

Área de Ciencia, Cultura e Sociedade da Fundación Carlos Casares.




0

Recentemente, un dos compañeiros do colexio achegou un exemplar de Vespa Velutina, que tiña atopado baixo o teito dun cuberto. Foi a ocasión ideal para aprender algo máis deste insecto que está a invadir a nosa terra.

O obxectivos principais da actividade serían:
1. Coñecer as características da Vespa Velutina e diferenciala doutras especies.
2. Analizar morfoloxicamente o insecto para identificar o tipo ao que pertence.
3. Coñecer e asumir as medidas de seguridade que se teñen que ter en conta ao atopar este tipo de exemplares.
4. Como actividades opcional complementaria, a elaboración dunha trampa artesanal para capturar exemplares de Vespa Velutina.

Procura de información:
Principalmente no portal da Xunta de Galicia:
http://mediorural.xunta.gal/es/areas/ganaderia/apicultura/vespa_velutina/










 
 
0

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.