Olimpíada Matemática Galega 2021 - Agapema

 

Mateo García Lagares, David Ocampo Gómez e Alejandro Campo Herbés trala súa participación.


O xoves 29 de abril, tres estudantes de 2º da ESO representaron ao alumnado do Colexio Plurilingüe San Fermín na Olimpíada Matemática Galega 2021, organizada por Agapema.

Trátase dun concurso matemático organizado por esta asociación que se desenvolve, en Galicia, en tres fases, para ter logo a opción de participar na final da Olimpíada Matemática Española 2021, que será organizada pola Sociedad Asturiana de Educación Matemática en na que se participará en modo on-line dende Lugo, a finais de xuño.

Na Fase de centro, o Departamento de Ciencias seleccionou, de entre todo o alumnado de 2º da ESO, aos que considerou os tres mellores representantes do noso centro este ano:

  •     Alejandro Campo Herbés
  •     Mateo García Lagares
  •     David Ocampo Gómez

Nesta ocasión, a Fase local levouse a cabo en Pontevedra, no IES da Xunqueira I.


Minutos antes de entrar estaban algo nerviosos pero moi animados,
xa que desexaban coñecer os retos matemáticos aos que se ían a enfrontar.


A esta fase local presentáronse alumnas e alumnos de moitísimos centros da zona.

Á saída, moi cansados tras máis de dúas horas e coa sensación de ter realizado un bo traballo, posaron cos seus merecidos diplomas que recoñecen o seu esforzo e lles farán lembrar sempre a importancia de continuar desenvolvendo as súas capacidades na resolución de retos matemáticos.

David, Mateo e Alejandro trala súa participación.

¡¡Moita sorte compañeiros!! ¡¡Todo o Colexio Plurilingüe San Fermín está convosco!!


No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.