Plan Proxecta - Móvete facendo escola


Plan Proxecta DAFIS curso 2019/20


VIVE CON LEDICIA / VIVE CON ALEGRÍA / LIVE JOYFULLY

Móvete facendo escola

Profesora: Gemma Rodríguez Fernández


Introdución:

Dentro do programa DAFIS do colexio realízase esta actividade cos alumnos de 2º da ESO para incentivar activamente a práctica regular de exercicio físico á vez que se traballan, de maneira significativa, unha serie de estándares da materia de física e química.

Grao de consecución dos obxectivos:

·         Obxectivos:

o   Formular preguntas axeitadas para coñecer as características de interese  (referentes á vida saudable)  dunha poboación (a clase)

o   Recoller, organizar e presentar datos relevantes para respondelas

o   Utilizar os métodos estatísticos apropiados e as ferramentas axeitadas, organizando os datos en táboas e construíndo gráficas, para calcular parámetros relevantes

o   Obter conclusións razoables a partir dos resultados obtidos.

o   Finalmente, utilizar ferramentas tecnolóxicas para organizar datos, xerar gráficas estatísticas, calcular parámetros relevantes e comunicar os resultados obtidos que respondan ás preguntas formuladas previamente sobre a situación estudada.

 

·         Grao de consecución dos obxectivos:

Considéranse acadados tódolos obxectivos de maneira satisfactoria.

Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

Parte 1: Introdución:  

- Abordar na aula unha serie de cuestións sobre os hábitos deportivos do alumnado de segundo da ESO para coñecer os seus hábitos, preferencias, coñecemento sobre a temática a abordar...

Parte 2: Na aula, introdución dos conceptos físicos e magnitudes a estudar:

- Sistema de referencia, posición, traxectoria, distancia recorrida, desprazamento.

- Intervalo de tempo, velocidade instantánea e velocidade media.

- Movemento rectilíneo uniforme e do movemento rectilíneo uniformemente acelerado.

- Velocidade instantánea e velocidade media.

Explicación do traballo de campo

Parte 3: Traballo de campo

      Realización da actividade deportiva.

      Toma de datos.


Parte 4: Na aula, estudio particular dos datos recollidos

      Elaboración de gráficas de magnitudes.

      Cálculo das velocidades medias.

      Representación dos datos e dos cálculos obtidos.

      Toma de conclusións.

Parte 5: Posta en común, no grupo aula, do traballo realizado.

Parte 6: Difusión do proxecto a través da web do colexio e dos blogs.

Avaliación:

Instrumentos de avaliación:
Seguimento do nivel de implicación e do traballo individual do alumnado tanto na parte de campo coma na aula.
Avaliación dos cálculos obtidos de velocidade media, variando a distancia e o tempo.

·        Nivel de presentación dos resultados obtidos a través de táboas e gráficas. Correcta interpretación dos mesmos.

·         Avaliación personalizada do seguimento da actividade por parte do alumnado.

 

Resultados obtidos:

Os resultados da avaliación foron moi positivos, tanto no grao de implicación e traballo do alumnado coma na calidade da análise dos datos obtidos, a excepción de dous alumnos que non mostraron ningún interese por ningunha das partes da actividade.

 

Actividades realizadas:

O traballo consistía na realización dunha actividade física individual na que, partindo de varias carreiras e variando o tempo empregado e a distancia percorrida, analizouse a velocidade media individual dos alumnos de 2º da ESO. Partindo dos resultados obtidos, procurouse a mellora do rendemento persoal co deseño dun adestramento adaptado a cada alumno.

Con esta actividade pretendíase motivar ó alumnado cara á práctica deportiva habitual baseada nos desexos de mellora e autosatisfacción.

Para a realización deste traballo empréganse tanto ferramentas manuais coma tecnolóxicas, para a recollida de datos, a súa análise mediante gráficas, as conclusións, posta en común e posterior difusión, a través na páxina web e dos blogs do colexio.

Actividade programado na 3º avaliación, será por tanto unha proposta de mellora para levar a cabo dita actuación no vindeiro curso.

No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.