Olimpíada Matemática Galega 2019 - Agapema

Manuel Pereira, Sara Silva, Alejandro Collazo e Andrés Gómez trala súa participación.

O xoves 25 de abril, catro estudantes de 2º da ESO representaron ao alumnado do Colexio Plurilingüe San Fermín na Olimpíada Matemática Galega 2019, organizada por Agapema.

Trátase dun concurso matemático organizado por esta asociación que se desenvolve, en Galicia, en tres fases, para ter logo a opción de participar na final da Olimpíada Matemática Española 2019, en Jaén, a finais de xuño.

Na Fase de centro, o Departamento de Ciencias seleccionou, de entre todo o alumnado de 2º da ESO, aos que considerou os catro mellores representantes do noso centro este ano:
  • Alejandro Collazo Gómez
  • Andrés Gómez García
  • Manuel Pereira Barros
  • Sara Silva Bugallo

Nesta ocasión, a Fase local levouse a cabo en Pontevedra, no IES da Xunqueira.
Minutos antes de entrar estaban algo nervosos pero moi animados, xa que desexaban coñecer os retos matemáticos aos que se ían a enfrontar. Incluso foron quen de facerse fotos con obras de arte expostas no centro coas que se sentiron moi identificados.

Andrés, Alejandro, Manuel e Sara, retratados.



A esta fase local presentáronse alumnas e alumnos de moitísimos centros da zona.

Á saída, moi cansados tras máis de dúas horas e coa sensación de ter realizado un bo traballo, posaron cos seus merecidos diplomas que recoñecen o seu esforzo e lles farán lembrar sempre a importancia de continuar desenvolvendo as súas capacidades na resolución de retos matemáticos.

¡¡Moita sorte compañeiros e compañeiras!! ¡¡Todo o Colexio Plurilingüe San Fermín está convosco!!

Manuel Pereira, Sara Silva, Alejandro Collazo e Andrés Gómez trala súa participación.

No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.