Coincidindo coa celebración dos 100 anos do colexio CPR Plurilingüe San
Fermín de Caldas de Reis e os 60 anos da presenza dos PP. Somascos en Caldas, estanse
a desenvolver diversas actividades conmemorativas ao longo de todo o curso.
É un privilexio para nós poder
contar coa presenza do doutor Ángel Carracedo,
prestixioso xenetista e investigador, quen dará unha charla mañá pola tarde
aos alumnos e alumnas do colexio San Fermín de Caldas de Reis.
Foto: La Voz de Galicia |
Non é unha sorpresa a súa personalidade próxima, quen, aínda que fai uns
meses foi elixido por unanimidade presidente
da Academia Internacional de Medicina Legal -o cal lle supón ter unha
axenda moi apertada- é quen de dedicar parte do seu tempo aos estudantes de
primaria e da ESO do noso colexio.
Pero a dimensión social do seu traballo tamén se fai evidente cando, como
director da Fundación de Medicina
Xenómica ten posto a sanidade pública galega como referencia mundial ao
ofrecer o diagnóstico xenético de maneira rutineira a toda a poboación.
Recentemente, ven de publicar un artigo no que se mostran as
características xenéticas da Península Ibérica, no que se observa que, por
algunha razón, existen importantes diferenzas xenéticas entre zonas do pais
próximas entre si, dado que os xenes non se mesturaron pese a non haber accidentes
xeográficos polo medio.
Implicado na educación a través da plataforma EduMotivaCon, unha iniciativa da
Consellería de Educación da Xunta de Galicia para promover a creatividade, a motivación,
o esforzo e o espíritu crítico entre os estudiantes non universitarios, volverá
a demostrar que a motivación tense que facer dende a base, e que todos debemos
implicarnos en desenvolvela co noso alumnado.
Por todo iso,
dámoslle as grazas de antemán pola súa visita e o seu exemplo, e por sementar a
curiosidade científica e a súa paixón no noso alumnado.
Departamento de
Ciencias do CPR Plurilingüe San Fermín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario