O diálogo entre literatura e Ciencia: Carlos Casares


Este ano o día das letras galegas está dedicado a Carlos Casares.

Dende o Departamento de Ciencias do CPR Plurilingüe San Fermín queremos centrarnos na súa vertente máis científica.


Casares aproveitou a súa etapa como presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002) para crear, no ano 2000 a sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade. Así se comezaba a recoñecer, dentro do Consello, que a Ciencia e a Tecnoloxía ían deixando unhas pegadas nos valores e nas formas de interpretar a realidade galega que eran merecentes dun estudo específico.


Lector asiduo de obras relacionadas coas novidades científicas, nos anos oitenta interesouse pola nova física que nacía da ruptura cuántica e relativista. Carlos percibía, entón, o mundo científico como asombroso, “fantasmagórico” e radicalmente atractivo e desconcertante.


No ano 1991, no Liceo Recreo de Ourense no seu coñecido Diálogo entre literatura e ciencia describiu de forma apaixonada a nova física cuántica.


Aínda que non quedan moitas máis referencias escritas ou conferencias de Casares que se lembren relacionadas directamente coa ciencia, dende o noso departamento quixemos facer unha homenaxe merecida a quen fixo moitas pola ciencia e as letras galegas.


Ogallá veñan algúns máis coma el.




Referencias: 

Área de Ciencia, Cultura e Sociedade da Fundación Carlos Casares.




No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.