Cos alumnos de 1º da ESO estivemos subindo e baixando co "ascensor dos números enteiros”
Qué mellor que comezalo tema 3, dos números enteiros, coa primeira actividade da Semana da Ciencia 2016.
Construímos na aula moitos ascensores de números enteiros, que nos leva de andares con números positivos a andares con números negativos. Temos que axudarnos de dous dados, un vermello (que serán números positivos) e outro negro (números negativos). O xogo consiste en subir e baixar un boneco segundo nos digan os dados.
Comezamos co
boneco no número +8 e temos que chegar ó -3, ¿¿quén chegará o primeiro??
A competición no seu momento máis intenso...
¡¡Os dados botaban fume!!
Descansando despois de tanto subir e baixar...
algún estivo a punto de marear ¿non sí?
En primeiro B a competición estivo igual de emocionante...
¡A partir de agora non será o mesmo entrar nun ascensor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario