Semana da Ciencia 2016 "Making movements"


A Semana da Ciencia 2016, ten por lema: "Making movements". E que, cun lema de curso como o que temos, “MOVING”, o departamento de ciencias do CPR San Fermín non podía facer outra cousa máis que Xerar movementos:


Os movementos xéranse de moitos xeitos: Estamos afeitos a ouvir que unha soa persoa non pode cambiar as cousas. Pois ven, este ano veremos o importante que é que cada un de nós axudemos a cambiar o mundo dende os nosos fogares. O primeiro paso é ver o que supoñen os nosos refugallos. ¿Canto traballo supón depurar a nosa auga sucia?

Por iso a actividade central da semana será a saída á Estación Depuradora de Caldas de Reis cos alumnos de 3º da ESO.
Será unha saída lúdica e á vez educativa, na que os estudantes poderán experimentar o que é moverse pola ciencia. Para poder descubrir como son tratadas as augas deberán de achegarse á estación depuradora facendo certos exercicios que nos farán o traxecto máis interesante.

Analizaremos tamén cos alumnos que cursan a materia de Física e química de 4º da ESO os tipos de movementos físicos do día a día: tirar cara arriba ou cara abaixo, deixar caer ou lanzar cara adiante.

Cos rapaces e rapazas de 1º da ESO veremos o interesantes que son as matemáticas ¡e o ricas que poden ser tamén!

Cos alumnos e alumnas de 2º da ESO invadiremos un castelo coma se na Idade Media estiveramos. ¿Que sabían do movemento os físicos de entón?

Pois ata o próximo curso, ata entón continuaremos, no CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis,




No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.