Entre o 2 e o 5 de maio os alumnos/as da ESO poderán ver no noso centro a proxección do Planeta Móbil "NANOCAM. Unha viaxe á biodiversidade" cedido por EDUCAIXA da Fundación La caixa.
Dado que estamos na Semana de Europa do San Fermín, esta actividade será integramente en inglés, en colaboración coas nosas compañeiras do Departamento de Idiomas (https://www.facebook.com/csfrenglish.news).
O programa de Planeta Móbil "NANOCAM. Unha viaxe á biodiversidade", faise eco da clasificación dos 5 reinos, cun enfoque particular, a mirada daquilo que é imperceptible aos nosos ollos, a escala do "nano", o mundo do microscópico.
Co Planeta Móbil descubriremos a gran diversidade biolóxica que existe no mundo microscópico, coñeceremos os reinos dos seres vivos, as súas características, as súas interrelacións e interdependencia, a súa importancia nos ecosistemas, o seu valor para o ser humano e a beleza intrínseca de cada ser vivo. A viaxe comeza polo reino das bacterias, os protistas, continuando coa exploración dos reinos dos fungos, os animais e as plantas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario